Adeus

Fun sempre impuntual coas ordes do destino.
Xamais cheguei a tempo se o tempo me chamaba
Nin souben ser cortés coa noite e o seu grito.
Errei polos camiños seguindo unha derrota
De chuvias e regatos, de lamas e de neves,
E así fun derretendo a cólera do fado.
Non dixen nunca adeus nin quixen facer pranto.

Advertisements