E cumprirás o teu destino de ruína

E cumprirás o teu destino de ruína
E serás corpo canso,
Espranza derrotada,
Espello do fracaso,
Unha borra que ficou do viño consumido,
Da cera derretida, 
Un vestixio,
Refugallo
Dun antigo vivir,
Desperdicio,
Varredura. 

Advertisements