Os salgueiros do río

Estes que deviñeron tópicos do meu imaxinario foron durante anos esquecidos por min. Até que foron recuperados pouco e pouco pola linguaxe: OS SALGUEIROS DO RÍO. Evocan tardes de verán ocupadas na recolleita ociosa de flores de manzanilla xunto á nai. Interminables tardes de verán e bicicleta. Velaí algúns exemplos:

“Durmín a sesta debaixo dun salgueiro. E soñei. A árbore cortárona. O soño, non puideron”.
“Fechado en grave sombra, sen días para ver  
a música que xorde do río entre salgueiros”. 
“Deixei que a vida fose un vento que acariña o corpo entre os salgueiros”
“Como a noite polas árbores ou o río nos salgueiros”.
“As efixies dos salgueiros derrubando na súa umbría o lamento esvaído da brisa”.

Advertisements