A crise de 1916 e Ramón Cabanillas

O ciclo inicial da obra poética de Ramón Cabanillas (No desterro, de 1913), Vento Mareiro, de 1915, e Da Terra Asoballada, de 1917)  manifesta unha fisura (que pode ser entrevista ao longo da lectura dos seus textos e que é metafórica doutra fisura que estaba a ser explícita no campo cultural e político), que podemos nuclear arredor de 1916, ano da creación das Irmandades da Fala e, consecuentemente, da aparición do Nacionalismo Político, sucesor do Provincialismo e do Rexionalismo decimonónicos. Esta fisura é contemporánea dos feitos sociais e culturais que describiremos e sintómatica como poucas. Estamos diante dunha quebra que adquire sentido dentro do propio discurso nacional galego mais que non é máis que un síntoma local dunha quebra que estaba a darse tamén no contexto europeo e mundial. Trátase do salto que nos sitúa entre un antes e un despois na historia de Galicia. A Galicia anterior á aparición do nacionalismo político e a Galicia posterior a esa irrupción a partir de 1916.

ler artigo completo

A crise de Ramón Cabanillas

 

Ramon_Cabanillas