O Círculo

a Ramiro Fonte

No interior do Café Derby, aquela noite de chuvia

uns homes que, tal vez, eu fun e non recordo
dispuxeron a súa ollada no silencio do interno
e ao deitárena nos lindes dun antigo espello roto
que aquecía entre os seus vidros a lembranza
doutra noite, outra sala, outro espello perdido,
escribiron:
“que a miseria dourada destes versos,
fechados no cofre das augas,
perdure alén do voo das aves e da aurora
e que nunca se me apaguen como os días
nin deveñan cinza nin idade”.
A man que agora imprime
o sangue inútil destas letras
é a súa.

E non a que eu contemplo percorrendo a brancura do papel.

 

4K0_0034 copiar

Advertisements