Odisea

Do antigo mar que sulcan as palabras
en naves cheas de ánforas e hexámetros
só lembro o vello aroma do crepúsculo
e esa vaga circular efíxie que na noite
despois das chuvias fertiles de Abril,
emerxe desde o fondo,
atravesando espazos co seu corpo
e abrindo a leve xanela do verán
con un fulgor lunático.
Do resto gardo un eco fráxil,
esvaído como a pomba da mañá
sobre un muro de cal,
e só, as veces,
cando o ingreso do outono é violento
e embalsamo o desexo con flores antigas,
lembro a lua a caer,
vnrtixinosa, acesa,
sobre o doce perfil e a sombra do teu corpo,

Nausícaa.

 

14553009212_74344c841f_o copiar

de O regreso das ninfas, 1985

Advertisements