Ars poetica

Sulcando unha tarde de outono a ribeira do Sena
cando as aves tecían a sombra na varanda das pontes
e voaban nas rúas as follas dos choupos
reparei sobre as augas no rosto difuso
do home que eu fora había algún tempo.
“Xa non serás o que quixen” clamaba,
escoando a sua voz nun filtrar de aflición.
“Só un reflexo de ti me contempla”.

 

 

18505870311_edb2cac931_o copiar

de O regreso das ninfas, 1985

Advertisements