Magnificat

Señor,

ti que despido te compraces nas cereixas, nas granadas,

nas gaivotas e pardelas a chiar polos cons,

se acaso nos meus dias non houber

unha noite branca onde ancorar os versos,

que a tua man acostumada

as colleitas de cinza no outono

roube do meu corpo a eternidade

 

IMG_2306 copiarde O regreso das ninfas, 1985

Advertisements