Museo do falar con música ou con arte.

Hospital dos derrotados,

Apousento ou hospedaxe.

Casa dos mancados nas contendas do tempo,

Morada dos vencidos da ilusión,

Residencia dos entullos do desastre.

 

A ti, nobre edificio, oratorio da conciencia,

Presento esta bandeira esfarrapada,

Retallos onde o cisne e o loureiro,

A harpa e o río deixaron de fluír,

E houbo un vento que os salvou,

Basílica dos soños,

Catedral.

 

Recanto das ideas e dos himnos.

o-que-sao-arvores-3

Advertisements