E sombras e contornos e fantasmas

Dixéchesme que o mundo era proverbial.

Que ninguén asoma nunca.

Só corpos e linguaxes.

 

Sepulcros para honrar os corpos dos vencidos,

Cancións que se vertebran como enigmas,

As néboas a abrazar un barco branco

E sombras e contornos e fantasmas.

 

Somos seres expulsados, engadías.

Trocamos unha patria por un mar de exilio.

O mundo foi a nosa escolla.

 

Porque os covardes gorentan o sabor

Da morte varias veces.

Só os valentes

Coñécena de vez.

 

 

“Cowards die many times before their deaths; the valiant never taste of death but once”.

William Shakespeare

 

tracy-linnel-10

Advertisements