Il mito di Amore e Psiche

 

Leva sempre da túa man

Dúas lámpadas dipostas

Por se a tebra te derruba

E amañeces entre o voo das andoriñas

A sulcar cara ao sur.

 

A primeira para andar

No interior da psique escura

Apalpando polos cuartos embazados

A música espectral

Da cinza dos tempos.

 

A segunda como guía

Do teu curso polo mar,

Polas ondas dos naufraxios e os fracasos,

Entre as sebes dos xardíns que anuncia a noite,

Para ollar o teu reflexo desde as bocas dos pozos.

 

E non esquezas a vaiña

Para o sal ou a pementa

Para os ecos da vileza que percorren a distancia

Por minguar os maleficios,

Os feitizos,

Os xaneiros.

 

Porta due lampade, calde come il petto delle rondini,
e, verso sera, quando il tuo viso avrà la penombra del cielo

apri il cancello di vetro del mio rifugio azzurro,
e, in silenzio, accostati a me.

Salvatore Quasimodo

cupid_psyche_xgs216665_hi

 

 

Advertisements