A Esmorga

Advertisements

Oh nada como a absenta

E o mar para saber

O xeito en que se espalla,

Amarga como o cloruro de magnesio,

A luz do esquecemento.

 

Voa o fume deste habano mentres ando

A ler un vello artigo

Na Revue de deux Mondes.

 

Neste escuro paquebote

Vai América vertendo

A súa danza de fantasmas arrasados,

Os panascos de Diana.

 

Comezan xa a medrar

As herbas da fatiga,

No seu baile de espectros.

 

Voa o aroma deste habano pola brisa

E xa asoma no horizonte

O skyline de Manhattan.

 

Poesía, colección

De diplomas do fracaso.

 

What’s money? A man is a success if he gets up in the morning and goes to bed at night and in between does what he wants to do.

Bob Dylan

 

Il prit le métro jusqu’à Wapping, et y passa une des semaines les plus réussies de toute sa vie, à boire. Sa soif et son argent, par une coïncidence heureuse, prirent fin ensemble.

Samuel Beckett

“On n’aime que ce qu’on ne possède pas tout entier.”

Marcel Proust

4dpict-11