Onde vas, melancolía.

Quen che dixo que era hora.

 

Non comprendes que este tempo xa se perde

E que pasa á nosa beira

Como as augas do Miño.

E xa empurra contra o fondo

Unhas nubes derradeiras?

 

Non reparas en que a tarde

Vai espindo o longo inverno?

Como foi que te achegaches.

En que estrada te perdeches?

 

A que vés, melancolía,

A que andas, se xa verte

Este inverno sobre as illas

Unha borra de hortensias e distancia

E un vermello de hematoma

E a semente da alegría sobre o mar do esquecemento.

 

Que procuras, melodía,

Aloumiño do feitizo,

Garatuxa do ar.

 

Oh himen, himeneo.

 

surreal-octopus-city-wallpaper

Advertisements