Como o magma denso, opaco, das gorxas do Vesubio,

Desde a noite das idades,

A verter polos canos do tempo,

Achégase unha lava pegañenta,

Que eslúe os refugallos,

Licúa as avenidas do sangue e as arterias,

Derrete cercas, valos, muros,

E segue até as cancelas da noite e o país

Das horas esquecidas,

Até os montes e os lugares da chaira e a tristeza.

 

E fai que a terra trema, abanee e se afervente,

E aves haxa que saúden o seu morno devalar.

 

Empurra até romper as albas e o serán

E fala nas fervenzas e os regatos,

Augas caldas e termas,

Como un limpo asubío de inverno.

 

Desde as fontes do país,

Como un magma denso, opaco,

Que chovese sen ruído nos panascos do mar,

Vén seguido desde o inicio

Ese lume misterioso

Que chamamos Galicia.

 

“Felice chi è diverso

essendo egli diverso.

Ma guai a chi è diverso

essendo egli comune”.

Sandro Penna

“Como magma espeso de la garganta del Vesubio”

Ignacio Di Tullio

“Pity would be no more

If we did not make somebody poor

And Mercy no more could be

If all were as happy as we”.

William Blake

imagen-las-ruinas-ciudad-pompeya-destruida-por-erupcion-del-vesubio-agosto-1472034744306

Advertisements