Por quen modula agora

O tremor do seu cantar

A coruxa de Minerva?

 

Coñezo a sombra da historia do seu voo

Como o tempo foi pousando nos lugares do mar do esquecemento,

Unha hortensia enferruxada, un pigmento de flor.

 

Carreto sobre o lombo

A luz dun deus mancado,

Un pigmento de estrela,

A faísca derradeira dun astro vagabundo.

 

Foi o fado quen verteu

Nos meus ollos o naufraxio

No meu corpo o labirinto

E unha luz de néboa e cinza

Polos séculos umbríos.

 

Era o tempo en que eu batía

Cada noite coas palabras

Era a década caída,

Era o tempo en que se era.

 

Mais agora con palabras

Ergo torres de linguaxe,

Este estraño xirasol,

Esta planta substantiva,

Con flores numerosas de coroa ligulada

E corola tubulosa

Entre o amarelo e o laranxa.

 

E é por ela por quen treme

O cantar da túa coruxa,

Oh bendita e consagrada,

Venerable Minerva.

 

Oh himen, himeneo.

11_minerva_and_the_centaur_jpg

 

 

 

Advertisements