Hai bátegas que caen sen indicio nin sospeita

Sobre o mar como un panasco.

Unha relva azul, un escuro céspede.

Polas rúas ninguén pasa.

Só a noite. Algún espectro.

 

Houbo un tren que se detivo

E deixou unha muller.

A brancura do seu biso entre os pregues do gabán.

As súas pernas albacentas contra as portas sombrías.

 

Disque somos unha aldea mergullada.

A noite bate fresca nos tellados dos alpendres.

Fumaradas cor azul por un fondo de sombra.

Hai xanelas luminarias.

Unha luz polos postigos da casa denegrida.

 

Só despois do amañecer brilla o sol por este mar.

A muller do biso branco lava os dentes.

Ten cabelos como cascas de laranxa.

E máis mulleres abren portas sobre a praza.

Homes dormen na fronteira dos seus soños e a xornada.

 

Cando a noite recomece e escintilen os braseiros,

As mulleres abanearán o carbón

E ollarán para as casas sombrías.

Para o tren que pasa.

 

 

“Su la sabbia di Gela colore della paglia

mi stendevo fanciullo in riva al mare

antico di Grecia con molti sogni nei pugni

stretti e nel petto”.

Salvatore Quasimodo

 

A fotografía como un rito sagrado,

O lugar dunha colleita de tempo,

Un círculo de eternidade.

 

Piove senza rumore sul prato del mare.

Cesare Pavese

_mg_4943

Advertisements