Ben sabías que París xa non era unha cidade,

Unha marca sobre o mapa,

Un espazo reocupado polo azar,

Un ambiente do destino, un instrumento.

O día como un triunfo da noite sobre a carne,

O tempo como un eco de cristal,

Un reflexo de música,

Un sombrío silencio.

 

Oh himen, himeneo.

 

A noite vía en ti un borrancho de desvelo,

Unha pinta de ferruxe,

Un charrizo de metais emborrallados.

Como as portas dos garaxes ou dos vellos almacéns,

Logo de horas de chuvia,

Cando a lama e a humidade,

O entullo e a inmundicia,

Ao proporen a nova fermosura do mundo,

Xa difunden a noticia, xa divulgan novidade,

E esparexen relatorios, ensinanzas,

Maxisterios e sancións.

 

Oh himen, himeneo.

 

Ben sabías que París non andaba polos mapas.

Cos nosos traxes de inverno entre os cristais da brétema

Con espiñas, pranto e queixa,

E as cerdeiras embriagadas pola dor,

Arquipélago do tacto,

Consagrámoste, canción, cantinela,

Arrebato da conciencia,

Arroutada da linguaxe.

 

Oh himen, himeneo.

bodegones-surrealistas-al-oleo

Advertisements