a

Ningunha dor maior

Que aquela de lembrarse,

Nos tempos da indixencia,

Daqueles anos loucos

E longos

E felices.

 

Porque a vida non é máis

Que o conto dun parviño,

Barullento e furibundo,

Sen nada que dicir.

 

 

b

Os días en que dormes xunto ao mar

E sentes nos teus soños o regreso

Das ondas dos teus soños

E os días que labraron o teu mar

Pertencen como todo a unha distancia

Trazada como liña da existencia.

 

Signos que non demandan glosa.

Só contemplación.

 

Solemne e vagabundo

Como un anxo hipnotizado

No fondo do horizonte,

Unha sombra de mazás

Na alma dos espellos,

 

Felicítote este agosto.

 

“Life … it is a tale told by an idiot, full of sound and fury, signifying nothing”.

William Shakespeare

 

“Nessun maggior dolore

Che ricordarsi del tempo felice

Nella miseria”.

Dante

tumblr_static_d4fg6a8cyn4gcww0ksgcwkoog

Advertisements