Din que a morte se distancia

Dos que gardan alfabetos ao dumir

Por debaixo da almofada.

Dos que poñen un coxín sobre un caderno.

Dos que ocultan un volume polas sabas.

Lino en Jazra Khaleed, poeta de Chechenia,

Que escribe en lingua grega.

Un dos centos

De miles de poetas

Que asoman cada tarde no horizonte

Se a néboa non se esvae

E hai tempo de achegarnos en trote de cabalo.

Porque os mortos son moreas de soidade

A falar dentro de nós

E é de mortos e de mortes do que falan os libros,

Pó de letras derramadas,

Mesmo aqueles que iluminan o presente

Ou proxectan o porvir.

Porque a morte teme o alento que fumega

Polas gándaras dos nomes

E as palabras dos mortos.

egypt_bod

Advertisements