Deixamos por atrás as praias desoladas,

Os bosques en que ardían as harpas da tristeza,

As sombras das ribeiras que, amenos territorios,

Funestas esparexen a soidade do mundo.

 

E démonos a andar.

 

Tamén vimos pasar os días de agasallo,

Fragmentos do relato de Venus e caprichos,

O sangue que brotaba do ventre de Nietzsche.

 

O tempo viña inzado de nubes que vertían

Domésticas mesturas de música e de lume,

Os salmos que cantamos nos ritos da saudade.

 

Eran barcos amarrados, naves atracadas,

Vagóns que descansaban do seu curso nunha vía lateral,

Eran caixas e paquetes que ninguén demandaría,

Os arquivos do baúl do esquecemento.

 

e95dde2174ca90e0b9fc67b5ecb390bd

Advertisements