Quen agora dilapide a fortuna e a existencia

E nun voo de desmesura deite a sombra sobre o mundo

E a bandeira esfarrapada dos arcanxos derrotados

Pague ao menos un denario de sol limpo polo ocaso

E un incerto acordeón sobre as laxes dos sepulcros.

 

Pague as sombras do saber e das músicas e o canto,

Pague o espello en que os fantasmas

Xa derraman o seu pranto de incendio.

 

Pague o mar deste mutismo

E esta luz de inadvertencia.

 

1082113183

Advertisements