Así que vivo aquí, nesta néboa das palabras,

Apalpando a súa materia falecida,

O seu voo de espectro grave,

A súa cansa corpulencia de ocaso,

A súa inerte institución,

O armamento esvaecido de altas sílabas e trazos.

 

Oh errante don Gaiferos,

O teu lombo laminado pola lúa,

A túa barba enferruxada de tabaco.

 

Oh himen, himeneo.

 

Ti intérprete de oráculos,

Miserable detective

Que procuras nestes versos,

Nestas pobres cancións,

Que non poidas encontrar na soidade do mundo,

No silencio,

No motor daquel camión camiño do horizonte,

Na campá da túa carne vertebrada,

No tamaño da harmonía e da beleza.

 

Ti, agoiro e vaticinio,

Profecía,

Organismo da amargura,

Parte e peza da aflición.

Invidente tanxedor.

 

Oh himen, himeneo.

 

30123981656_2178b84bc6_k

Advertisements