Son amargas estas cores que derrotan a mañá,

que perseguen a tintura da tristeza,

que procuran os pigmentos do porvir.

Son molestas, desabridas,

mesmo ríspidas, incómodas,

co seu ton de vida antiga,

cos seus azos de ledicia.

 

Chega un barco polo fondo

entre restos de calixe

a abrir sulcos pola brétema

nos combates da pintura,

no seu ton avermellado.

 

E hai quen deita unha cortiza de sobreira

cun pauciño como mastro

e unhas follas de velame.

Unha sombra nos espectros do neno que fun

 

Luz de augas interiores,

aire inzado de fracaso.

28408263565_416c9f4f61_o

Advertisements