Que lle pides,

Mentres falas

Laminado pola luz do plenilunio

Coas lembranzas máis amargas

Sobre o límite da pel,

Que lle pides ao solpor,

Dixo,

E mesmo parecía

Que andaban os seus días

Como as aves eremitas

A brincar sobre a distancia,

Digo,

Que demandas, pedimentos,

Que propostas,

Ti, solícito, procuras,

Dixo,

E xa non souben darlle

Outra resposta que o silencio,

A elocuencia do papel.

parchment

Advertisements