Chegou de novo o outono

E xa sente o meu alento o ánimo do frío.

 

Aquí, no Baixo Miño,

Novembro acende as árbores

E andan os carballos, os cerqueiros,

Os enciños e as sobreiras,

Fundidos pola luz de prata que derruba

Opaco o firmamento.

 

Ao lonxe, en Portugal,

A chuvia faise mesta e resucita

Nos cumios a tormenta.

E os ventos erguen sombras na poeira

Con follas, lamas secas e papeis.

 

As noites alongaron o seu manto.

 

Sento a ver as nubes

Debaixo da ameixeira.

Caíron os rebentos das actinias no camiño.

 

 

29709741033_8a5ac9c5b9_o

 

 

 

 

 

Advertisements