Xa son ese varón de incertos moitos anos

Que un día de domingo sen nada que perder

Avanza cara ao lenzo de ruína

Dunha antiga estación ferroviaria,

Detén o seu camiño

Disposto a gorentar

Os froitos da figueira

Que en sombra se lle ofrecen

E sente a soidade ontolóxica do humano,

Só, libre de pesos,

Cangado polo estrago

Das décadas, feliz,

Despois de todo,

Ulises de regreso?

ulisses%200019%20www_templodeapolo_net

Advertisements