Algo como sombra

Nunca sei que estás pensando,

Luz da umbría que ilumina.

Non acerto a adiviñar o que cruza o firmamento

Polo fondo dos teus mares

Como un cometa errante,

Sombra vella do cristal mancado,

Sol dos ecos da noite contra os vidros.

 

Nunca acerto a comprender

Con que música te achegas,

En que ponte te soergues

E en que andan a rolar, moi nítidas por dentro

Dos espellos como lúas,

As palabras que me acendes

Como lumes,

Como instantes.

 

Nunca sei e nunca acerto,

Meu erro sen fin,

Meu pecado,

Miña culpa.

sombra-2

 

 

Advertisements