Bancos xunto a estátuas

Eu quería que levases,

(Clarinetes no rumor dun círculo de sombra

Cando a noite se achegase)

Aquel vestido azul de flores brancas

Estampado de solpor

E que o vento movería

Veludo case negro.

 

Eu quería que o puxeses

Como deitas polas horas

No sabor do esquecemento

Na palabra derramada

Unha lava silenciosa.

 

Eu quería que os sombríos

Territorios e as nocturnas

Ruínas dos imperios

Do tempo propagasen

Ese pano de bandeira

Ou de brinde na derrota.

 

Eu quería que o vestises

Atavío da certeza

Como as veigas consteladas

Como os días misteriosos.

 

Mais non foi.

Todo levaches.

Fotos cartas e saudades.

Fontes bancos xunto a estátuas.

banco

 

 

 

Advertisements