Abracadabra

Quen lle dera ao amañecer

Andar inmerso no seu nome

E que só con pronunciar a palabra amañecer

Comezase a abrir o día, a lumbrigar,

A brillar a mañanciña.

 

E que a palabra noite fose escura,

Difícil de encontrar,

Cega de tebra e de tristeza.

Como a palabra enigma,

Rodeada sempre de misterio,

Innaccesible.

 

E quen me dera que o teu nome

Obedecese a unha lei semellante

E cada vez que o articulase,

Como un conxuro, un maleficio,

A túa voz se revelase,

Húmida e carnal,

Aquí mesmo, á miña beira.

 

Mais as palabras, ben o sabes,

Non significan nada.

E o seu sentido vive encarcerado

Co azar,

Co caos,

Coa continxencia.

 

25951269193_a22bf589c1_o

Mais fotos do álbum Delicatessen

 

 

Advertisements