Poética do silencio

  1. A elipse. O que nunca daremos contado. O que é preciso imaxinar. A fronteira entre a luz do simbólico e as tebras do imaxinario.
  1. O mundo como elipse. Cada segundo os relatos deben ser renovados. A primacía do misterio.
  1. O simbólico non substitúe o real senón que o incrementa. Cada falar é un obxecto máis do que falar.
  1. Digo. E, dicindo, o mundo é aínda máis inefable. Non hai silencio que me cure. Nin palabra que me salve.
  1. A tradución é unha maldición para o fantasma da verdade. Quen traduce maldí a verdade orixinal e deita sobre ela a sombra da súa elipse.
  1. A palabra iluminada deita a sombra da súa elipse. ‘Cando penso que te fuches’
  1. A lingua, en puridade, sen a sombra da elipse: o absoluto dicir; música sen silencio.
  1. Ese momento en que un poema fala por vinte anos de silencio. Ese discurso sen elipse, misteriosamente pleno.
  1. A elipse? Sombra, falta, esquecemento.

“Cando penso que te fuches, falta, elipse, esquecemento”.

esculturas-surrealistas-esculturas-surrealismo-arte-surrealismo-imagens-surrealismo-fotos-surrealimo

Advertisements