Nomear a perda

 

Que a roda das palabras vire e rote helicoidal
Asistindo ao seu propio sepelio
E propoña polo centro a preferida,
Entre miles predilecta,
A disposta como cénit ou embigo,
A nupcial e funeral, a imprevista
Morte.

Falar da frustración, do fracaso, da ruína,
Dos estragos e as desfeitas,
Da derrota.
Enunciar desde o baleiro unha voz que se desfía,
Alarido e frémito,
Arreguizo e tremor.
Un soprar do vento fóra fronte ás costas do silencio,
Un compás de chagas negras,
Unha música caída.

Escoitar que a roda renxe cando rota.
E romper a claridade dos seus vidros.
Círculo e anel. Lamia e arandela.

Escoite triste a Schubert.
Nada tema. Volva inverno ou primavera
Estes sexan os sepulcros.
Velaí os garabatos.
Un regueiro de palabras que nin poden nomear
Esa cousa, ese misterio.

A-Lesson-In-Love-and-Loss
Advertisements