Eclipse

Birds do it, bees do it
Even educated fleas do it
Let’s do it, let’s fall in love
Ella Fitzgerald

Hai anos en Berlín
Encontrei unha muller
Que vendía discos vellos

(E entre as flores do gabán
Difundía a primavera).

Meses despois volvina ver en Candem Town.
Let’s do it, cantaba, ao compás dun dos vinilos.
Let’s fall in love.

A que andas, contesteille, oh fatal melancolía.
Deixa aberta pola noite a xanela do teu cuarto.
E conquístame con whisky e con baladas.

Mandoume un dos seus beixos carnais
No mesmo centro dos labres.

E eu gardei como agasallo unha flor de despedida.

 
Advertisements