Suplemento primeiro: anuncio de traspaso

Que o camiño do devir nos leve a todos,
Afundidos na lama da historia,
Ao lugar onde repousan os poetas afogados,
Ás cancelas do país dos falecidos…

Contra as árbores do souto, que tremen de vagar,
Inclinadas en acenos de elexía,
Como a cinza que alborexa entre a luz dunha chama…

Contra as illas perfumadas,
Co arrecendo do ourego,
Da lavanda e do xasmín,
Balorentas polos séculos de chuvia e humidade.

E que, por fin, comprendas os proverbios e os enigmas,
Os sentidos do teatro,
E que o poema é unha doenza que se infecta coa linguaxe.

O día en que o negocio da vida se che afunda;
A tarde na que poñas no cristal do escaparate
O anuncio de traspaso.
18ef1ca3caa5b6802ce7cc53ddca9d64

Advertisements