La rive gauche

Que Francia sempre foi
Un soño inesperado
Para os súbditos do Zar.

Mais debo expor aquí que o exilio doe ás veces o mesmo que unha chaga.
E o tempo baixa inzado de sombrías espirais.

Beber é unha saída. O vodka algunha noites sitúate detrás
Das torres que sosteñen
Os eixos en que rotan
As almas das estrelas.
E a música tamén traslada os sentimentos
Veloz como unha furia.

Rusia, en realidade, está por todas partes.

Nacín como resposta a un erro inconsolable.
Xamais terei cabida no mundo que deixamos.

La_Seine_entre_l'île_de_la_Cité_et_la_rive_gauche,_Paris_2010

Advertisements