Sexta alocución

Vai contigo, rapariga.
Has levar até o horizonte
Que nos foi denegado
A flor da imperatriz, de acentos violáceos
E pálida por fóra,
Azucena do Brasil,
Copo perfumado de leite,
Lirio branco.
E volverás cantar a sombra e o solpor.
E has ver de novo a luz sobre o piano,
O thou that are blooming in your prime.

 

Vai contigo, flor do tempo, sol de abril,
Entre a China e o Xapón,
Entre Cathai e Cipango,
con foglie lineari e fiori grandi e campanulati ,
di un bianco latteo e profumatissimi,
disposti in grappoli.
Vai, beleza enfurecida,
Extasiada no arrebato,
Let no man steal away your thyme.

 

Vai axiña, anseriforme, anatídea e cisne branco.
Orfeu transfigurado e disposta no horizonte como lira.
Filla de Zeus fillo de Cronos.
Miña deusa fluvial intransferible,
Benéfico destino.
Always beware and keep your garden fair.
Rosa última de Irlanda,
Grata espiña.

 

158163__lilies-white-flowers-in-magic_p

Advertisements