Quinta alocución

E pode que hoxe estea nun lugar sen horizonte,
Eses dos que fala Blanchot,
E que ande a escribir ou a inscribir,
No interior ou no exterior dalgún círculo,
O meu grafo enlouquecido,
A miña louca maraña.
Porque non hai desexo posible.
E porque o imposible é a substancia do desexo.
Pode pode. Claro que pode.
Eu só quería conquistar un territorio
E fundar unha paisaxe.
Unha terra pertecente a algún lugar en min,
A imaxe resultante dun esforzo de mirada.
Un ollar esparexido sobre o espazo e o tempo.
Mais cheguei a este lugar que non ten horizonte,
Unha praia sen océano,
Unha ribeira sen río.
Esta tarde hei de pintar
Un círculo na area
E inscribir no superficie
A sombra do meu nome.
E aínda hei de completar
O rito esparexendo
Herbas vellas de misterio
E un escuro vinagre.

1

Advertisements