Ciclo

Hoxe chámame unha chama.
Hai un lume que pregunta por min.
Entra a luz do novo día
Polas fendas da linguaxe
E hai lembranzas que prosperan
Nas lanternas inspiradas.
Morra ou dure este febreiro.
Non se esgota o seu andar.
Brota a música do fondo
Misterioso dos pianos.
Algo evoca o que se afunde.
Pasa lonxe un cadaleito.
Voa perto unha gaivota,
Perseguida pola sombra.
Dobre marzo xa vindeiro
Unha curva da sazón,
Ou xa alongue o firmamento
O percurso da xornada ,
Todo isto é fortuíto,
Todo aquilo, eventual,
Episodio que acontece,
Unha hipótese posible,
Unha cápsula, un estoxo,
Un alivio da memoria,
Unha lámpada, un candil,
Unha flor do esquecemento.
Que entre a noite cos seus barcos
Polas fendas da linguaxe,
No destino e na fortuna,
Nun esforzo de vencer.
E hoxe chámeme unha chama.
Haxa un lume que pregunte por min.

aquarius

Advertisements