Paz

Esta ollada miope, este corpo vencido,
Estes labres resecos, esta lingua de lique,
Estas mans de fatiga, este lombo xa canso,
Estes dentes feroces e crueis,
Estes brazos que foron refuxio, esta úlcera aberta,
Esta sede sen fin, esta calma,
Levan tempo agardando un solpor coma este,
A noitiña que veña espallar o silencio,
Unha luz de horizonte que deixe caer
Cara ao centro do escuro,
Nalgún punto remoto,
A existencia, esa chaga,
Ese espello estalado.

calm

Advertisements