Aquel señor maior

Era o tempo vello aquel
En que o mundo acontecía
Á procura dun relato.
Ese tempo que adurmiña na conciencia
Desde hai corenta anos.
Un home camiñaba afundido na gabán
No sopor da sobremesa.
Nunca ollaba para min.
Aquel señor maior.
Desde a altura dos seus vidros
Cobizaba unha distancia
Sobre as árbores da tarde,
Máis ou menos o lugar en que asoman as copas
Dos castiñeiros de Indias.
Eran aves o que ollaba, orfeóns de piadores,
Acrobáticos cantantes contra o fondo azul da primavera.
Pode ser que nelas vise unha flor melancolía
Mentres barcos fondeaban polas illas da linguaxe.
E nunca ollaba para min.
Aquel señor maior.
Ou pode ser que despregase unha túnica de soños,
Un rosario de bandeiras derrotadas.
Desde a altura da tarde
Sobre as árbores de vidro.
Era Álvaro Cunqueiro.
E unha manda de estorniños.

Alvaro Cunqueiro Nico /

Advertisements