A navalla e a lúa

Recupero un texto, publicado en 1998 na revista arxentina de psicanálise Acheronta, e que daba por perdido. É o refugallo dun proxecto de libro que ficou sen rematar, reconvertido en artigo longo, e que, lido a día de hoxe, conserva certo interese, máxime logo da estrea cinematográfica de A Esmorga de Ignacio Vilar. Trátase dun texto que amplía o xa tratado en ‘Unha lectura psicanalíitica de A Esmorga‘, un dos materiais empregados polo elenco do filme para prepararen os seus personaxes.

Pódese descargar premendo aquí: A navalla e a lúa. Literatura e psicanálise en A Esmorga de Eduardo Blanco Amor.

Eduardo Blanco Amor

Advertisements

Tempestade

Hoxe estiven lendo a tarde.
A tarde co seu carro funeral
A sulcar un campo escuro, enlamado de inverno.
E lembreime de ti.
De ti. E dun abrigo.
Un abrigo que eu levaba hai xa corenta anos.
E acordaron na memoria refugallos de tormenta.
Unha chuvia que nunca secou.

'Port_of_Ostia_During_a_Tempest',_oil_on_canvas_painting_by_Leonardo_Coccorante,_1740s,_Lowe_Art_Museum