Canción de amor do vagabundo

Tarde chega sempre Amor,
Tarde, lonxe e sen bandeira:
‘Miña rula, miña xoia,
Meu afago e aloumiño’.

Vén de noite, xa sen hora,
Na cegueira derramado,
Descorado e licencioso,
Perdulario e afundido.

Deita o corpo sobre o leito,
Máis mallado que rendido
E máis canso que tolleito,
Sobre as sabas de albo liño.

Mais é Amor, o galafate,
O tunante e pillabán,
O laberco ou o fedello,
O fogoso e solermiño.

É moi tarde e teño sono,
Sopra o vento e sinto frío.
‘Morrerei se non me abrazas,
Misterioso fuxidío’.

myWPEdit Image

Advertisements