Xasmín

Chamábase Xasmín.
E non era unha flor.
Nin sequera un arrecendo.

Aínda gardo a súa bandeira.
A bandeira coa que entrou na miña casa.
A bandeira da República
Independente de Galicia.

Para embrullar o teu cadáver, dixo.
Por se morres de paixón.

 

myWPEdit Image

Advertisements