Pintura

Alguén pintou un trazo de néboa neste ceo,
Ronsel de borra branca premendo no misterio,
E soubo darlle oficio a ignorados fantasmas
Que o magma da memoria acerta a consumir
Igual que se volvesen do estoxo das vivencias.

Non sei se a parca escura que atende os fíos claros
E vive con enoxo no voo da eternidade
E fai virar as rodas do lento sol de outubro
Será dunha maneira ou doutra a responsable.

Non sei se a parca azul que pinta nas mañás
A cor do firmamento,
Sublime tecedora de panos constelados,
Deixou verter un algo das tintas que manexa
No fondo dun caldeiro para o cal.

Ou foi que algunha ave nun vómito da alma
Volátil debuxou lixeiro este fluír.

O nacre emborrallado do outono na distancia.

myWPEdit Image

Advertisements