A árbore e a onda

Se tivese que escoller entre a árbore e a onda,
Entre o nobre vexetal con raíces pivotantes
E ramos por enriba
Que chaman polos ventos das galaxias
E a ondulada turbación que se esparexe
Desde un centro polas cousas
E forma curvas cóncavas, convexas,
Ou estende polas praias un dominio,
Ten por certo que andaría a tanxer no teu cabelo,
Eses rizos escuros, eses lóbregos bucles.

Eles son as árbores maceiras, e cerdeiras e figueiras,
Que arrecenden e dan sombra,
Ondas breves que enraízan
O presente e o misterio.

myWPEdit Image

Advertisements