Noticia singular do vagabundo

Eu sei que o vagabundo fervía nun caldeiro,
Con herbas, con verduras,
Anacos de sardiñas,
As flores da saudade.

Á noite,
De regreso da xornada,
Despois de percorrer o círculo dos templos,
Despois de andar na chuvia a órbita do inverno,
Despois da curvatura, a esfera e a contorna,
Tiraba do seu saco, do fondo en que xaceran
As horas que durara o voo do seu periplo,
As flores,
As flores que arrincara,
As flores do solpor.

E seica oíu un día
Os ventos que quebraron os espellos,
Os céfiros que sopran do poente,
Os aires acendidos,
Tal hálitos dun deus que agonizante
En ráfagas vertese correntes de ruína,
Levantes de exterminio.

Acaso os aires tristes de andar polo silencio,
A luz dun torbeliño virando no cabelo,
O voo do vendaval,
Nos tempos en que o fado era unha lei,
Decreto do destino.

Acaso o corazón atado a unha lanterna,
Un cárcere de antigas melodías
Que alí ficaran presas
Sen boca que as cantase.

Tamén o repertorio das laranxas,
Papeis para as orquestras, inventarios
De voces afogadas, conxuntos

De trompeta e bombardino.

E seica andaba ardido
O mesmo que se un lume prendese no interior
A luz dunha fogueira,
Ardido como un sol,
Virado para as luces
Acesas por adentro.

Or look at it from another point of view:

Que miras, preguntoulle.
Eu miro porque nada se arruíne,
Eu miro polas fontes e os regatos,
Eu miro polas luces.

Lembrade o vagabundo fervendo nun caldeiro
As flores da saudade.

myWPEdit Image

Advertisements