Na outra banda da baía

myWPEdit Image



Vin para esta banda da baía
A aprender a chorar.
Os nimbos debuxaban no ceo esparexidos
Un cólico de inverno. E o porto estaba quieto
Sen restos de tormenta
Como unha cerámica.

E vin para chorar sen ter ningún motivo.
Chorar coma quen bebe sen sede.
Chorar coma quen canta sen canción.
Chorar como unha nube.

E vin para esta banda da baía
Porque ás veces é precisa unha distancia,
Un rumor de afastamento que che sopre no cerebro,
Que che diga versos grises coma estes,
Que che ensine a estar calado sen silencio.

Irei para a outra banda da baía
Sabendo xa chorar.

Supoño que é preciso
Que un home teña o pranto entre os saberes
Que debe carretar
Para o sur do esquecemento.

Advertisements