Veciñanza

myWPEdit Image

Nese punto no que viran as palabras
E os camiños se converten en cancións;
Nese espazo en que o vapor deriva axiña en auga;
No lugar en que o navío deixa atrás a longa foz
E arremete coa súa proa contra o mar;
No momento en que a madeira se incinera e xa desprende
Os efluvios do perfume do misterio;
Nese instante do solpor en que a tarde inda perdura
E a noite xa se ofrece;
No minuto en que cos ollos xa fechados
O sono vai chegando e aínda todo está presente;
Nese campo, nese tempo, estamos nós
Tan diferentes, tan distantes, tan alleos,
E, aínda así, tan inmediatos,
tan contiguos,
tan veciños.

Advertisements