Nova lección sobre as aves

myWPEdit Image

Como as aves que regresan desde o fondo da linguaxe,
Os recordos traen ás veces unha flor que xa murchou,
Un ornato envellecido,
Algún loureiro seco.

Mais as moedas que perderon o seu antigo troquelado,
Xa metáforas gastadas,
Son delirio da linguaxe.
Un impuro metal.

Pode a fame da victoria ou o crédito do triunfo
Premiar as túas feridas, honrar escuras chagas,
Mais os cortes e as fisuras, as roturas e os destrozos
Mal poden compensarse.
Que os despoxos ou as momias recuperen a súa vida
E regresen desde a cinza
É quimera e desengano, delirio e desvarío.
Porque o tempo corre só para o destino
E o seu rumbo está fixado de antemán.

Leva, pois, as túas memorias para o fondo da lareira
E prende lume axiña ao tempo que pasou.
Lava a cara e sente o vento
A bater nas túas meixelas.

Que ninguén te vai valer, meu vello e ambulante.
Ninguén dará por ti sequera algún misterio das augas ou das sombras.
Oh Cristo en agonía,
Quixote moribundo.

Advertisements