SOBRE O MAR DO ESQUECEMENTO

15th

dos corpos que relatan un látigo de pan,

cancións que inda regresan do fondo da linguaxe,

raptadas polo voo da melodía,

e levan o furtivo loureiro no cabelo

e un pano para abrir na flor da estacións,

cando a vida xa cansou

da andar por eses vales soñando debuxar

o canto das sireas…

 

dos corpos, digo, deses que se achegan

e van fechando portas cara ao fondo

a xeito de bandeiras, de erguidos estandartes,

o mesmo que un espello que olla noutro espello a imaxe de si mesmo,

ningún que debuxase

con lámpadas e vidros

exacto este pracer da vida culminada,

roendo coas súas moas a corda que ata os días,

furando cos seus dentes o queixo da existencia

 

oh corpos que eu amei nun soño de loucura

nun voo de inútil sombra,

mazás como memoria,

laranxas sobre o mar do esquecemento

Advertisements