1936

tumblr_m032am6fHM1qb8vpuo1_500

E pousei a ollada triste sobre os corpos que seguían

debruzados sobre a lama sen mirar

xa perdidos para sempre  no arrebato do solpor

como un  boi que arase canso un panasco interminable.

Eran corpos que fenderan a distancia

e chegaban entre barcos polo río

naufragados pola dor

sempre inmóbiles, inermes,

debuxando cos seus brazos

algún trazo do imposible.

Percorrían a derrota

enxergando no interior daquelas augas

e se algún viraba o rostro

era só para mostrar

cicatrices da conciencia que xamais se curarían.

Houbo corpos que duraron

o que dura un longo inverno,

alí detidos xunto á ponte,

sen que alguén puidese darlles

un asomo de piedade.

Advertisements